O espazo político galego actual é, sen dúbida ningunha, o máis dinámico dende a Transición. Se ata fai algo máis de tres anos falabamos dun sistema de partidos pechado en torno a PP,PSOE e BNG, a irrupción de AGE abriu o escenario a novos xeitos de entender a política, ou canto menos de presentarse as eleccións. Os resultados das mareas nas últimas municipais poden corroborar a apertura do sistema ou volver péchalo en tres partidos, se a dinámica electoral do BNG non da un xiro neste ciclo electoral, cambiando as pezas dun puzzle que aparentaba ser estático.
Poderiamos remontarnos o Nunca Máis para entender este proceso, onde a sociedade galega uniuse detrás das bandeiras negras. O proceso desembarca politicamente na Xunta no ano 2004, sendo o BNG e o PSdG quenes gobernarán durante os vindeiros catro anos. Se ben a alegría durou pouco e en 2008 volve o goberno do PP, esta vez capitaneado por Nuñez Feijoo, a dinámica electoral cambiara e a disciplina partidista semellaba comezar a tambalearse.
No 2011 dase un fenómeno estatal que, sen sabelo, ía reconfigurar todo o sistema de partidos tanto do Estado como de Galiza. O 15 de maio introduxo, debido ao seu transversalismo, as súas demandas no seo de todos os partidos. A axenda por primeira vez na democracia era marcada dende a sociedade como conxunto e as formacións políticas tiñan que lidiar cun esceario que xa non controlaban por completo. Cecáis este proceso sexa un punto de inflexión no que desembocou na ruptura da unidade do nacionalismo e coa creación de Anova e compromiso por Galicia despois de abandoar o BNG. A partir de aquí os diferentes camiños destas forzas multiplicaron a oferta electoral. Todo isto sen contar Podemos e Ciudadanos, a súa orixe estatal non impide que afecten a política galega.
Neste contexto e despois de que Feijoo adiantara as eleccións Anova, Esquerda Unida, EQUO, Espazo Ecosocialista e colectivos sociais sen vinculación política deciden organizarse coma unha fronte ampla en defensa da maioría social, na que o BNG rexeita ir apelando a unha candidatura galega e non dirixida dende Madrid. Os resultados danlle a razón a fórmula AGE, que entra no Parlamento con 9 deputados converténdose en terceira forza. O sistema tradicional de partidos acababa de saltar polos aires, demostrando que os opinadores profesionais non teñen un mínimo de credibilidade. Se ben a rapidez coa que se configurou AGE deixou numerosas lagoas no seu funcionamento ese xerme da unión seguía latente e quedou demostrado nas últimas municipais.
Nas municipais a fórmula é distinta. O papel dos partidos pasa a ser de soporte ás iniciativas municipalistas de unidade popular, polo menos no papel, que obedecen polo nome de Mareas. O BNG volve rexeitar participar no proceso, apelando a que forzas como Podemos ou EU están dirixidas dende Madrid e que Galiza debe ser suxeito político propio. O éxito desta fórmula é indiscutible, sobre todo nas cidades, dividindo o debate en dous temas. A)repetir forma para as estatais de decembro e b)a necesidade de maior organización para gobernar cidades tan importantes como A Coruña, Ferrol ou Santiago de Compostela. A segunda é de competencia municipal, na primeira entran en xogo múltiples partidos. Os que se postulaban coma soporte rapidamente se poñen a negociar acordos entre cúpulas xustificándoas coa incapacidade das mareas municipalistas a chegar a acordos debido a nova realidade que vivían e a escasez de tempos. Chegar a acordos é complicado mentres non se fagan mediante un programa de mínimos que todos os participantes asuman. Mentres tanto agardamos impacientes o seguinte movemento.